A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, facilita unha enquisa en liña para coñecer a situación da xuventude e as súas propostas actuais e futuras durante a crise do coronavirus.
O obxecto é reforzar a relación directa coas persoas mozas para estudar novos recursos e medidas durante este período no que convivimos con esta enfermidade.
A través das vosas achegas, facilitaredes a mellora dos programas e actividades que a Xunta de Galicia propón para a xuventude, ademais de reforzar o papel dos mozos e mozas na sociedade actual.
Podes participar no Cuestionario en liña do 30 de abril ao 14 de maio de 2020.