COMERCIO E MÁRKETING
Se queres aprender a obter ou elaborar información e xestionar os plans de actuación no o ámbito da compras, vendas, márketing e loxística e investigación comercial apúntate ao CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Co CS Márketing e Publicidade estudarás como definir e efectuar o seguimento das políticas de márketing baseadas en estudos comerciais e promocionar e publicitar os produtos e/ou servizos nos medios e nos soportes de comunicación axeitados, elaborando os materiais publi promocionais necesarios. Se te decantas polo CS Transporte e Loxística, aprenderás a organizar, xestionar e controlar as operacións do transporte de mercadorías e de persoas no ámbito nacional e internacional, e a planificar e xestionar as actividades loxísticas dunha empresa. Para aprender a executar os plans establecidos para a comercialización de produtos ou servizos no ámbito do almacenamento, distribución, vendas, atención ao público ven ao CM Actividades Comerciais.