Presentámosvos o produto final do traballo colaborativo realizado polo alumnado de 1º CS Guía, Información e Asistencia Turísticas do noso centro de maneira conxunta en tres módulos: Recursos turísticos, Destinos turísticos e Inglés.

Foi un traballo desenvolvido durante o terceiro trimestre. O procedemento foi o seguinte:

1. Fase de negociación da ruta na que o alumnado decide por consenso as cidades a visitar, e despois negocian o tempo en cada unha delas, decidindo que tren coller para chegar e saír da cidade entre os moitos horarios dispoñibles.

2. Fase de investigación na que consultando fontes de información oficiais como páxinas web de organismos turísticos e non oficiais como blogues de viaxes, cada alumna consegue información sobre as visitas indispensables na cidade elixida. Por outra banda, procuraron información sobre diferentes posibilidades de aloxamento para seleccionar a máis axeitada ao seu peto.

3. Fase de creación das diferentes opcións que incluirán a información da viaxe utilizando diferentes aplicacións e materiais.

a. Creación dun primeiro padlet onde aparecen as cidades elixidas. Pinchando nelas, ábrese unha fiestra con información básica de interese xeral sobre a devandita cidade. Ao final hai un enlace que dá acceso a un segundo padlet.

b. Creación dun segundo padlet onde se pode consultar información máis detallada de cada cidade a través das seguintes ferramentas dixitais:

  • – Unha guía completa coas visitas indispensables a realizar e mais información de interese sobre gastronomía, vida nocturna … en castelán- Documento Word
  • – Unha guía máis visual e simplificada en inglés baseada na guía en castelán -.Canva: folletos, infografías, póster …
  • Google My Maps cos marcadores de cada unha das visitas propostas na cidade.
  • Tripline co itinerario recomendado, e mesmo algúns con horarios concretos para eses días.

Cómpre subliñar que non todas as cidades do segundo padlet teñen a mesma información, xa que era obrigatorio recompilar información usando unha ferramenta, e na meirande parte das cidades incluíron varias enriquecendo o traballo final.

4. Fase de presentación na que utilizando os recursos dixitais dispoñibles na aula as alumnas fixeron unha posta en común da elaboración da súa viaxe. As alumnas fixeron achegas sobre cada unha das viaxes presentadas.

We are very pleased to present you the final product developed by the group of students doing their first year to become a Higher Technician in Guiding, giving touristic information and assistance through collaborative work in the subjects of Touristic Destinations, Touristic Resources and English.

The project took place during the third term. The steps to follow were:

Step 1. Negociate the route. Studentes agree on the cities to visit, and afterwards they decide the time to spend in each of them, making decisions as regards trains to take according to the different schedules.

Step 2. Research. At this point studentes look for and analyse information from different sources, not only official ones such as official tourist websites, but also non-official ones like travel blogs. Each student decides on their must-sees in their chosen city. On the other hand, students seeked information related to different types of accommodation in order to adapt the most suitable one to their budget.

Step 3. Production Students design different possibilities where to inclue the information of their trip by usuing different apps and materials.

a. Generate a first padlet where all the chosen cities are located. When clicking on each of them, we have access to some general information about the city. At the end there is a link that will take us to a second padlet.

b. Generate a second padlet where we can check information in more detail about each city organised according to the following digital tools:

  • – A complete guide with the must-sees to visit apart from recommendations about gastronomy, nightlife … in Spanish. Word Document
  • – A visual short guide for a two-day trip in English based on the Spanish one.Canva: leaflet, flyer, infographic, poster …
  • Google My Maps with map markers for each suggested visit in the city.
  • Tripline with the recommended itinerary , including some specific programmed for these days.

It is important to highlight that non every city on the second padlet contains the same information. Students were asked to gather information using one of the tools prosposed. However, most of them included different tools, consequently the result was very enriching.

Step 4.Presentation Using the digital resources in one of our classrooms, our students exchanged the information gathered for each city and presented the whole trip. They gave feedback to one another.

Enlaces aos padlets:

https://padlet.com/pilarmo1/colours-of-europe-twho6aryz3gpjyfkpadlet

https://padlet.com/pilarmo1/colours-of-europe-pmqwi95s46me0zq8padlet

Deseguido podedes ver algunhas fotos do traballo feito :