CARTEL ANUNCIADOR DA CHARLA

O pasado luns, 29 de novembro, Andrés Tarascó impartiu unha charla enmarcada dentro do ciclo de conferencias que se están a realizar no curso de especialización en ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información.

Andrés Tarascó é o CEO de Tarlogic, unha empresa de ciberseguridade radicada en Teo. Esta empresa, que cofundou xunto co seu irmán en 2011 con poucos cartos, moito traballo e moita ilusión, vai medrando a pasos de xigante e hoxe en día xa está en proceso de alcanzar proxección e relevancia internacional. Pero os comezos sempre son duros e xuntos puidemos escoitar como estes dous irmáns superaron moreas de obstáculos para emprender con éxito e cumprir deste xeito o seu soño.

Unha ollada pola web de Tarlogic dinos que todo parece ir de marabilla, xa que actualmente se dedican a diversas actividades como consultoría de ciberseguridade, “red team” (seguridade ofensiva), “blue team” (seguridade defensiva), ciberintelixencia e moitas outras máis. Para que vexamos que un soño, cun plan sólido, pode converterse en realidade e que, se procuras traballo, neste eido vas ter moito onde escoller.

Andrés autodefínese como “friki”, e animou a todos os presentes a ser curiosos, destripar cacharros, participar en CTFs e en “bug bountys”, pero sempre con sentidiño. Esta curiosidade é, de feito, tanto ou máis importante que a propia formación académica dos traballadores. E niso estamos, en ver se máis cedo que tarde xorde un equipo de CTFs que traia gloria ao noso centro, e quen sabe, quizais rematen traballando en Tarlogic.



La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Ministerio_Union-Europea-1024x194.png