
O venres 11 de novembro, coincidindo este ano co veraniño de San Martiño, celebramos no centro, como é tradición, o noso particular Magosto.
Ademais da degustación de castañas asadas, celebramos unha xincana de xogos organizada polo Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva e fallamos o concurso de decoración das portas das aulas con motivos terroríficos, propia da festa do Samaín que xa comezara o día anterior co concurso de comidas monstruosas, e do que xa demos conta nesta mesma web.
O podio final no concurso das portas foi o seguinte:
- 1º curso do CS de Márketing e Publicidade.
- 2º curso do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
- O terceiro posto foi compartido ex aequo por:
- 2º curso de CM de Actividades Comerciais.
- 1º curso do CS de Asistencia á Dirección.
- 2º curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.
Deseguido podedes ver as imaxes das portas gañadoras e mais as outras realizadas polos diferentes cursos participantes. En todas hai traballo e non debeu ser doado o labor do xurado para decidir cales resultaron premiadas, pois moitas eran merecedoras.
Xa ao final, algunhas fotos da xincana e do castañeiro.

Dende aquí o noso agradecemento a todo o alumnado participante polo esforzo en “arrepiarnos” coas súas creacións.
Fotografías das decoracións das portas:








OUTRAS PORTAS:











Fotografías da xincana e do castañeiro:





