Basta xa á desigualdade entre homes e mulleres

Con motivo da celebración do día internacional da muller do 8 de marzo, toda a comunidade educativa deste centro sumámonos hoxe a un pequeno acto manifestando a nosa repulsa ás desigualdades que existen na actualidade entre homes e mulleres, unha desigualdade que ten como máximo expoñente a violencia de xénero.

O acto consistiu en interpretar por parte do alumnado, profesorado e demais persoal que traballa no centro, a coñecida canción dos Beatles “Let it be” con letra adaptada. O estribillo “Basta XA “ pide o fin das desigualdades, das preferencias e da violencia de xénero.
Agradecemos a toda a comunidade educativa pola colaboración, especialmente ao profesor Roberto Amado por ser o impulsor da idea, que en todo momento estivo apoiado polo director de coros Juan Brage e a actriz  Cristina Mariño.

Baleiramos  as aulas e paramos a actividade académica por un intre, pero o sentimento de todos/as nós era que o centro seguía cheo e cumprindo o seu cometido: aprendemos todos,…aprendemos valores.