Entrega de premios do Concurso idea

20181211EntregaPremiosIdeaEduEmprende No dia de onte a responsable de emprendemento e profesora da familia profesional de hostalaría e turismo Elena Anca acudiu acompañada dun membro do equipo directivo á entrega de premios do Concurso idea 2018 que todos os anos se convoca ao abeiro do plan eduemprende. O acto tivo lugar no auditorio 1 do edificio Cinc da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Premiáronse seis interesantísimos traballos de emprendemento, dun total de vinte e cinco presentados desde toda Galicia. Desafortunadamente ningún deles foi enviado polo o noso centro, pero agardemos que na vindeira convocatoria poidamos presentar alomenos un proxecto. E como dispoñemos do noso viveiro de empresas, por que non soñar con que se chegue a materializar?

FCT ERASMUS (Prácticas noutro país da UE)

Facer a FCT noutro país da Unión Europea non ten moitas diferenzas, agás as evidentes, co respecto a facela no territorio español. Ver entrada sobre a FCT nesta mesma web

Nembargantes intentaremos resolver as posibles dúbidas e as preguntas máis frecuentes:

QUEN AS PODE REALIZAR?

Todos aqueles alumnos/as que estén cursando 2º curso no momento de realizar a FCT.

Tamén podería facer prácticas no estranxeiro o alumnado que xa titulou dentro dos seguintes 6 meses a data de titulación.

CALES SON OS REQUISITOS PARA PODER REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS?

1º Ter a voluntade e o compromiso de facelas.

2º Ter un nivel medio-alto en idioma estranxeiro, fundamentalmente inglés, aínda que pode ser tamén a lingua do país de destino: francés, italiano, portugués…

3º No caso de haber máis candidatos/as que prazas unha comisión imparcial decidirá quen ten prioridade basándose en criterios de expediente, formación en linguas, disponibilidade, … entre outros aspectos. O dictamen sería sempre público e transparente.

QUE ME OFRECE O PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO?

Una beca de unha cantidade variable de diñeiro dependendo do país de destino (normalmente entre 250-350 euros por mes) e a posibilidade de facer un curso on-line de idiomas.

COMO SE CONSIGUE A EMPRESA PARA A REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS?

Hai dúas opcións, a máis habitual é que o propio alumnado a busque en coordinación co titor da FCT e o responsable das prácticas no estranxeiro utilizando a base de datos de cursos anteriores. Tamén se pode encargar a busca a unha empresa intermediaria

Para o aloxamento tamén hai varias opcións.

QUE PODO GAÑAR PARTICIPANDO NESTES PROGRAMAS?

En primeiro lugar, unha experiencia de traballo nun país estranxeiro que aumentará a variedade e a calidade da formación recibida.

En segundo lugar, unha mellora na capacidade de comunicación e traballo nunha lingua diferente.

E en terceiro lugar, unha experiencia vital que abre os horizontes de emprego non só no estranxeiro senón tamén no territorio español.

 

Preguntas frecuentes do alumnado sobre a FCT

Teño dereito a algunha axuda?

En que empresas se pode facer a FCT?

Cando se fai a FCT?

Que horario se fai na empresa?

Se no instituto hai vacacións, teño que ir á empresa?

Como se asignan as empresas?

Pódese cambiar de empresa unha vez comezada a FCT?

Teño dereito a algunha axuda?

A Consellería de Educación aporta unha axuda económica para a realización da FCT á que se tén dereito sempre que o centro de traballo non estea no concello de Ferrol nin no concello de residencia do alumno.
</details

Aínda que as contías poden variar, para a última convocatoria o importe da axuda foi de 2€ por xornada, é dicir, un total de 104€ para os ciclos medios e 96€ para os ciclos superiores.

En que empresas se pode facer a FCT?

A FCT pódese realizar en calquera empresa que estea disposta a recibir alumnado e na que sexa viable levar a cabo as actividades previstas segundo o ciclo de que se trate. As excepcións son que non pode haber unha relación familiar nin laboral entre o alumno e a empresa.

Dende o CIFP contáctase con empresas que xa colaboraran en ocasións anteriores pero tamén se intenta incorporar novas empresas interesadas en ter alumnado en prácticas.

Cando se fai a FCT?

A FCT faise unha vez superados todos os módulos e nalgún dos tres períodos previstos: abril-xuño, setembro-decembro ou xaneiro-marzo. Para a maioría dos alumnos dun determinado período coincidirán as datas de inicio e fin das prácticas, pero tamén pode haber algunha variación se a empresa o solicita.

Que horario se fai na empresa?

O horario será o que estableza a empresa, pero nunca poderá superar as 40 horas semanais. Este límite tamén se aplica en caso de ter que traballar en fin de semana.

Se no instituto hai vacacións, teño que ir á empresa?

Si. O alumno ten que facer o calendario laboral da empresa aínda que non coincida exactamente co calendario escolar.

Como se asignan as empresas?

Cada grupo de alumnos ten un profesor titor no CIFP que é o encargado de asignar unha empresa a cada estudante. Nesta asignación teranse en conta criterios como a adecuación das actividades da empresa ás características do alumno, a localización xeográfica ou a dispoñibilidade de medios de transporte públicos. Tamén se terán en conta as preferencias dos alumnos e poderanse utilizar as súas cualificacións como criterio obxectivo para establecer un orde de prioridade.

Pódese cambiar de empresa unha vez comezada a FCT?

Si. Hai varias causas posibles para o cambio de empresa, pero o caso máis habitual é o dun alumno que non estea a facer as tarefas que estaban previstas. O estudiante deberá informar ao seu titor no centro e será este quen teña que valorar a posibilidade de asignarlle unha nova empresa na que se poda realizar o resto do período de FCT.