Preguntas frecuentes do alumnado sobre a FCT

Teño dereito a algunha axuda?

En que empresas se pode facer a FCT?

Cando se fai a FCT?

Que horario se fai na empresa?

Se no instituto hai vacacións, teño que ir á empresa?

Como se asignan as empresas?

Pódese cambiar de empresa unha vez comezada a FCT?

Teño dereito a algunha axuda?

A Consellería de Educación aporta unha axuda económica para a realización da FCT á que se tén dereito sempre que o centro de traballo non estea no concello de Ferrol nin no concello de residencia do alumno.

Aínda que as contías poden variar, para a última convocatoria o importe da axuda foi de 2€ por xornada, é dicir, un total de 104€ para os ciclos medios e 96€ para os ciclos superiores.

En que empresas se pode facer a FCT?

A FCT pódese realizar en calquera empresa que estea disposta a recibir alumnado e na que sexa viable levar a cabo as actividades previstas segundo o ciclo de que se trate.

Dende o CIFP contáctase con empresas que xa colaboraran en ocasións anteriores pero tamén se intenta incorporar novas empresas interesadas en ter alumnado en prácticas.

Cando se fai a FCT?

A FCT faise unha vez superados todos os módulos e nalgún dos tres períodos previstos: abril-xuño, setembro-decembro ou xaneiro-marzo. Para a maioría dos alumnos dun determinado período coincidirán as datas de inicio e fin das prácticas, pero tamén pode haber algunha variación se a empresa o solicita.

Que horario se fai na empresa?

O horario será o que estableza a empresa, pero nunca poderá superar as 40 horas semanais. Este límite tamén se aplica en caso de ter que traballar en fin de semana.

Se no instituto hai vacacións, teño que ir á empresa?

Si. O alumno ten que facer o calendario laboral da empresa aínda que non coincida exactamente co calendario escolar.

Como se asignan as empresas?

Cada grupo de alumnos ten un titor no CIFP que é o encargado de asignar unha empresa a cada estudante. Nesta asignación teranse en conta criterios como a adecuación das actividades da empresa ás características do alumno, a localización xeográfica ou a dispoñibilidade de medios de transporte públicos. Tamén se terán en conta as preferencias dos alumnos e poderanse utilizar as súas cualificacións como criterio obxectivo para establecer un orde de prioridade.

Pódese cambiar de empresa unha vez comezada a FCT?

Si. Hai varias causas posibles para o cambio de empresa, pero o caso máis habitual é o dun alumno que non estea a facer as tarefas que estaban previstas. O estudiante deberá informar ao seu titor no centro e será este quen teña que valorar a posibilidade de asignarlle unha nova empresa na que se poda realizar o resto do período de FCT.

Probas de acceso a grao medio 2018 – Sedes, instrucións e listaxe definitiva de solicitudes e exencións

pf_probas_ciclos
  • Instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-grao-medio-sedes-instrucions-para-sua-realizacion-convocatoria-2018

 

  • Listaxe definitiva de solicitudes e resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-grao-medio-listaxe-definitiva-solicitudes-exencions-convocatoria-2018

Acreditación de competencias 2018 – Convocatoria de reunión grupal de asesoramento

Proceso acreditación de competencias profesionais
(ORDE do 29 de decembro de 2017)

Convocante: Persoas asesoras
Data: Mércores, 18 de abril de 2018
Hora de comezo: 16:30 horas
Hora de fin: 18:30 horas
Lugar: Salón de Actos do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro – Avenida Castelao, 64 – Ferrol

 

ORDE DO DÍA:
  1. Información sobre o proceso de acreditación de competencias
  2. Fases do proceso
  3. Datas de reunión individual de asesoramento
OBSERVACIÓNS:
  • Tal e como está indicado no artigo 10 da ORDE reguladora deste proceso, a persoa candidata deberá aboar unha única taxa de 20,40 € .
  • O xustificante de pagamento deberá ser entregado nesta reunión grupal. A falta de presentación suporá a exclusión da persoa aspirante.
  • No caso de persoas exentas de pagamento de taxas, seguirase o establecido no punto 3 do citado artigo.
  • A persoa candidata deberá realizar a confirmación da recepción desta convocatoria na aplicación informática.

Probas de acceso a grao superior 2018 – Sedes, instrucións e listaxe definitiva de solicitudes e exencións

pf_probas_ciclos
  • Instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-grao-superior-sedes-instrucions-para-sua-realizacion-convocatoria-2018

 

  • Listaxe definitiva de solicitudes e resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-grao-superior-listaxe-definitiva-solicitudes-exencions-convocatoria-2018

Acreditación de competencias 2018 – Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas por unidade de competencia

Actividades comerciais

Administración e finanzas

Xestión administrativa

Listaxe provisional de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

Persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

 

Prazo para realizar reclamacións: do 14 ao 19 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.