Data e horas de presentación do curso académico 2018-19

O 17 de setembro de 2018 darán comezo as actividades lectivas do curso académico 2018-19. Por tal motivo, farase un acto de presentación para o alumnado co seguinte horario:

ALUMNADO DE CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

Luns, 17 de setembro, no Salón de actos:

RÉXIME ORDINARIO:

Alumnado de 1º curso: 10:30 horas

Alumnado de 2º curso: 12:00 horas

RÉXIME MODULAR:

Todo o alumnado: 18:00 horas


ALUMNADO DE FP BÁSICA

Venres, 21 de setembro, co seguinte horario:

Alumnado de 1º FP Básica: 12:30 horas (Aula 130)

Alumnado de 2º FP Básica: 11:30 horas (Aula 008)

Admisión a ciclos formativos – Prazo setembro 2018

O luns 3 de setembro comeza o prazo extraordinario de admisión aos ciclos formativos de Formación Profesional.

Na imaxe seguinte aparecen as datas do proceso:

Calendario admision_setembro 2018

No enlace seguinte pódese consultar toda a información completa do proceso de admisión e matrícula:

Información proceso de admisión

 

Resumo do proceso para Réxime Ordinario

  •  Primeiro curso (É importante ter en conta que primeiro faise a solicitude de admisión e unha vez se publique a adxudicación realizarase a matrícula no ciclo adxudicado)
    • O 4 de setembro farase a 1ª adxudicación extraordinaria sobre as listaxes de espera do período ordinario de xuño-xullo.
    • Para as novas solicitudes do mes de setembro, o proceso sería como segue:
      • Cumprimentar na aplicación web a Solicitude de admision (do 3 de setembro ao 11 de setembro ás 13:00 horas).
      • Unha vez cumprimentada a solicitude, imprimila e comprobar na última páxina da mesma se dita solicitude xa quedou validada ou ben é necesario validala no Centro xunto coa documentación que indicará nese mesmo texto.
      • Comprobar as diferentes listaxes que se irán publicando:
        • 13 de setembro: listaxe provisional de solicitudes
        • 19 de setembro: listaxe defintiva de solicitudes
        • 19 de setembro: segunda adxudicación
      • Matrícula 2º adxudicación: prazo do 19 ao 21 de setembro ás 13:00 horas.
      • A matrícula pode realizarse de 2 maneiras:
        • De xeito clásico:
        • Matricularse directamente dende a aplicación informática (esta posibilidade soamente é valida para o réxime ordinario, non sendo posible facer así a matrícula para o réxime modular)

Esquema simplificado Réxime Modular

  • As mesmas instrucións que para o 1º curso de réxime ordinario pero coa seguinte excepción importante:
    • A solicitude de admisión faise igualmente na aplicación web pero non se pode realizar a matrícula de xeito online senón que ten que facerse de xeito presencial.

Alumnado só con FCT/Proxecto (A FCT será de outubro a decembro)

  • Cumprimentar o documento de matrícula en pdf. (do 17 ao 24 xullo ou do 4 setembro ao 7 de setembro):
  • Imprimir, asinar e entregar dito documento na oficina
  • Para persoas menores de 28 anos, aboar 1’12€ do seguro escolar
  • Entregar tamén unha fotocopia do DNI

 

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Dende as 9:00 horas do día 30 de xullo ata as 13:00 horas do día 31 de xullo de 2018 ábrese o prazo de matrícula en ciclos formativos e módulos profesionais que teñen prazas vacantes.

A única condición para realizar a matrícula é cumprir os requisitos de acceso.

Na seguinte ligazón pódense consultar os ciclos formativos en calqueira réxime que teñen prazas vacantes, así como descargar o impreso de matrícula correspondente:

http://www.edu.xunta.es/fp/ciclos-liberados-convocatoria-2018-19

Alumnas premiadas no certame “Comercio con talento 2018”

Dúas alumnas do noso Centro resultaron premiadas no concurso “Comercio con talento 2018” convocado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo e que ten como obxectivo impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de Formación Profesional de Galicia. Trátase de María Eugenia Nieto Martínez e de María Victoria Vivero Alonso, alumnas do CM Actividades comerciais.

Uxía elixiu o establecemento de venda de artesanía Sevvenmusas de Ferrol, situado na rúa Magdalena, 126, mentres que Vicky escolleu El armario de Carol tamén de Ferrol (rúa Real, 43) dedicada á venda de roupa e complementos.

Hai que destacar que este concurso outorga 10 premios en total en toda Galicia dos cales 2 foron para Uxía e Vicky. Dende aquí felicitámolas polo seu bo traballo e polo premio acadado por cada unha delas.

Na mañá de hoxe, 16 de xullo, a Directora Xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, fixo a entrega de diplomas (para os establecementos) e premios (para as alumnas) nos propios locais premiados.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Información xeral de admisión. Curso 2018/2019

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Normativa

Calendario

Esquema simplificado para réxime Ordinario (horario de mañás de 8:20h a 15:00h)

  •  Primeiro curso (Lembra que debes facer admisión e logo matrícula)
    • Solicitude de admision. (do 25 de xuño ao 3 xullo as 13:00h).
      • Imprimir solicitude ( se a aplicación pide entregar documentación, debe achegala a nosa oficina xunto cunha copia desta solcitude e o DNI)
    • Matrícula 1º adxudicación (do 17 ao 24 xullo as 13:00h)
      • Para matriculase elixe un método:
      • Entregar (agás a xa entregada no proceso de admisión)
        • Documento de praza adxudicada ou resgardo de matrícula online
        • Condición de acceso (boletín de cualificacións, título,….)
        • 2 fotos e carnet escolar cuberto (pedir en conxerxería)
        • Para menores de 28 anos, 1,12 € (seguro escolar)
        • Fotocopia DNI
    • Matrícula 2º adxudicación (do 27 ao 31 xullo as 13:00h)
      • (mesmo proceso que a matrícula 1º)

  • Segundo Curso.
    • Para alumnos con praza garantizada (alumnos do noso centro que pasan de 1º a 2º ou repetidores 2º por primeira vez)
      • Solicitude e matricula en pdf. (do 25 xuño ao 3 xullo)
        • cubrir, imprimir (2 copias), asinar e entregar na oficina
        • Entregar (agás a xa entregado)
          • Condición de acceso (boletín de cualificacións, título,….)
          • Para menores de 28 anos, 1,12 € (seguro escolar)
          • Fotocopia DNI
        • Non precisan facer matrícula posterior,
    • Para alumnos sen praza garantizada (os alumnos non contemplados no caso anterior)
      • Solicitude  de admisión en pdf. (do 25 xuño ao 3 xullo as 13.00h)
        • ( Cubrir, imprimir, asinar e entregar na oficina)
        • Se procedes doutro centro debes entregar certificación académica acreditativa de promocionar a segundo
        • Nota: se procedes doutro centro onde si tiñas a praza garantizada debes achegar unha certificación emitida polo centro orixe que indique que non solicitache praza nel)
      • Publicación de amitidos
        • Listaxe de admitidos o día 6 de xullo
        • Reclamacións á listaxe do 7 ao 10 de xullo as 13:00h)
        • Publicación definitiva o día 17 de xullo
      • Mátricula (só admitidos do 17 ao 24 xullo as 13:00h)
        • Entregar (agás a xa entregada anteriormente)
          • Solicitde de admisión anterior
          • 2 fotos, carnet escolar
          • Para menores de 28 anos, 1,12 € (seguro escolar)
          • Fotocopia DNI

Esquema simplificado réxime Modular (Horario polas tardes de 18:00h a 22:10h)

  • As mesmas instruccións que para o 1º curso de réxime ordinario pero coias seguintes excepcións:
    • Non se pode facer a matrícula online.
    • Unha vez admitido pode facer reserva e demorar a matricula. (ollo cos plazos)

Alumnos/as so con FCT/Proxecto (A FCT será de outubro a decembro)

  • Matrícula en pdf. (do 17 ao 24 xullo ou do 4 setembro ao 7 setembro)
    • Matricula ( Cubrir, imprimir, asinar e entregar na oficina)
    • Para menores de 28 anos, 1,12 € (seguro escolar)
    • Fotocopia DNI

Alumnos/as FPB (1º e 2º)

  • Agardar a setembro ( a Consellería publicará prazos e instruccións).

 

Os alumnos de edificación con alta inserción laboral.

O xornal  “La Voz de Galicia” publica unha nova sobre a alta demanda de profesionais que está tendo o noso ciclo de “edificación e obra civil”.

Os contidos do ciclo permiten que os alumnos aprendan todo o necesario para traballar nunha oficina técnica de inxeniería, deseño naval e cualquera  área relacionada coa creación de estruturas ou produtos.

Enlace á publicación

 

 

 

 

 

 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE) – Calendario e programacións

Xornada de acollemento

O vindeiro 1 de xuño ás 09:30 horas celebrarase unha xornada de acollemento para as persoas matriculadas nas probas co fin de transmitir información sobre o seu desenvolvemento e aclarar as dúbidas que xurdan.

É importante lembrar que, tal e como se indica na convocatoria destas probas libres, a asistencia a esta xornada é de obrigado cumprimento para as persoas matriculadas en ditas probas. A non asistencia inxustificada á mesma, suporá a baixa de oficio nas probas e, polo tanto, a non posibilidade de presentarse ás mesmas.

 

Calendario

Familia profesional de Administración e Xestión

Familia profesional de Comercio e márketing

Familia profesional de Edificación e obra civil

Familia profesional de Informática e comunicacións

Familia profesional de Hostalería e Turismo

 

Programacións

CS Asistencia á dirección 

MP0179. Inglés.

MP0647. Xestión da documentación xurídica e empresarial.

MP0648. Recursos humanos e responsabilidade social corporativa.

MP0649. Ofimática e proceso da información.

MP0650. Proceso integral da actividade comercial.

MP0651. Comunicación e atención á clientela.

MP0665. Formación e orientación laboral.

MP0180. Segunda lingua estranxeira.

MP0661. Protocolo empresarial.

MP0662. Organización de eventos empresariais.

MP0663. Xestión avanzada da información.

CS Administración e finanzas

MP0179. Inglés.

MP0647. Xestión da documentación xurídica e empresarial.

MP0648. Recursos humanos e responsabilidade social corporativa.

MP0649. Ofimática e proceso da información.

MP0650. Proceso integral da actividade comercial.

MP0651. Comunicación e atención á clientela.

MP0658. Formación e orientación laboral.

MP0652. Xestión de recursos humanos.

MP0653. Xestión financeira.

MP0654. Contabilidade e fiscalidade.

MP0655. Xestión loxística e comercial.

MP0656. Simulación empresarial.

CM Xestión administrativa

MP0156. Inglés

MP0438. Operacións administrativas da compravenda.

MP0440. Tratamento informático da información.

MP0441. Técnica contable.

MP0448. Operacións auxiliares de xestión de tesourería.

MP0449. Formación e orientación laboral.

MP0437. Comunicación empresarial e atención á clientela.

MP0439. Empresa e Administración.

MP0442. Operacións administrativas de recursos humanos.

MP0443. Tratamento da documentación contable.

MP0446. Empresa na aula.

CM Actividades comerciais

MP0156 Inglés

MP1226 Márketing na actividade comercial

MP1229 Xestión de compras

MP1231 Dinamización do punto de venda

MP1232 Procesos de venda

MP1233 Aplicacións informáticas para o comercio

MP1236 Formación e orientación laboral

MP1227 Xestión dun pequeno comercio

MP1228 Técnicas de almacén

MP1230 Venda técnica

MP1234 Servizos de atención comercial

MP1235 Comercio electrónico

CS Xestión de vendas e espazos comerciais.

MP0179 Inglés

MP0623 Xestión económica e financeira da empresa

MP0930 Políticas de márketing

MP0931 Márketing dixital

MP0933 Formación e orientación laboral

MP1010 Investigación comercial

MP0625 Loxística de almacenamento

MP0626 Loxística de aprovisionamento

MP0926 Escaparatismo e deseño de espazos comerciaies

MP0927 Xestión de produtos e promocións no punto de venda

MP0928 Organización de equipos de vendas

MP0929 Técnicas de venda e negociación

CS Proxectos de edificación

MP0562 Estruturas de construción

MP0563 Representacións de construción

MP0565 Implantacións de construción

MP0567 Deseño e construción de edificios

MP0568 Instalacións en edificación

MP0573 Formación e orientación laboral

MP0564 Medicións e valoracións de construción

MP0566 Planificación de construción

MP0569 Eficiencia enerxética en edificación

MP0570 Desenvolvemento de proxectos de edificación residencial

MP0571 Desenvolvemento de proxectos de edificación non residencial

MP0574 Empresa e iniciativa emprendedora

CS Administración de sistemas informáticos en rede

MP0369 Implantación de sistemas operativos

MP0370 Planificación e administración de redes

MP0371 Fundamentos de hardware

MP0372 Xestión de bases de datos

MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información

MP0380 Formación e orientación laboral

MP0374 Administración de sistemas operativos

MP0375 Servizos de rede e internet

MP0376 Implantación de aplicacións web

MP0377 Administración de sistemas xestores de bases de datos

MP0378 Seguridade e alta dispoñibilidade

MP0381 Empresa e iniciativa emprendedora

CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información

MP0483 Sistemas informáticos

MP0484 Bases de datos

MP0485 Programación

MP0487 Contornos de desenvolvemento

MP0493 Formación e orientación laboral

MP0486 Acceso a datos

MP0488 Desenvolvemento de interfaces

MP0489 Programación multimedia e dispositivos móbiles

MP0490 Programación de servizos e procesos

MP0491 Sistemas de xestión empresarial

MP0494 Empresa e iniciativa emprendedora

CS Desenvolvemento de aplicacións web

MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información

MP0483 Sistemas informáticos

MP0484 Bases de datos

MP0485 Programación

MP0487 Contornos de desenvolvemento

MP0617 Formación e orientación laboral

CM Sistemas microinformáticos e redes

MP0221 Montaxe e mantemento de equipamentos

MP0222 Sistemas operativos monoposto

MP0223 Aplicacións ofimáticas

MP0225 Redes locais

MP0229 Formación e orientación laboral

MP0224 Sistemas operativos en rede

MP0226 Seguridade informática

MP0227 Servizos en rede

MP0228 Aplicacións web

MP0230 Empresa e iniciativa emprendedora

CS Guía, información e asistencia turísticas

MP0171 Estrutura do mercado turístico

MP0173 Márketing turístico

MP0179 Inglés

MP0383 Destinos turísticos

MP0384 Recursos turísticos

MP0389 Formación e orientación laboral

MP0172 Protocolo e relacións públicas

MP0180 Segunda lingua estranxeira

MP0385 Servizos de información turística

MP0386 Procesos de guía e asistencia turística

MP0387 Deseño de produtos turísticos

MP0390 Empresa e iniciativa emprendedora

Probas de acceso a grao medio 2018 – Sedes, instrucións e listaxe definitiva de solicitudes e exencións

pf_probas_ciclos
  • Instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-grao-medio-sedes-instrucions-para-sua-realizacion-convocatoria-2018

 

  • Listaxe definitiva de solicitudes e resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-grao-medio-listaxe-definitiva-solicitudes-exencions-convocatoria-2018