Visita do alumnado do CS de Proxectos de Edificación ao Centro Niemeyer de Avilés e ao Centro Botín de Santander

O alumnado do CSPE (Proxectos de Edificación) realizou entre os días 15 e 16 de novembro unha visita a Santander  onde tivo a oportunidade de coñecer o Centro Botín, obra do arquitecto e premio Pritzker,  Renzo Piano.

A visita comezou en Avilés donde todos puideron percorrer  nunha visita guida o Centro  Niemeyer e rematou na poboación de  Santillana del Mar coa visita á Neocueva de Altamira ubicada no Museo Nacional y Centro de Investigación de Altamira .

Os alumnos de edificación con alta inserción laboral.

O xornal  “La Voz de Galicia” publica unha nova sobre a alta demanda de profesionais que está tendo o noso ciclo de “edificación e obra civil”.

Os contidos do ciclo permiten que os alumnos aprendan todo o necesario para traballar nunha oficina técnica de inxeniería, deseño naval e cualquera  área relacionada coa creación de estruturas ou produtos.

Enlace á publicación

 

 

 

 

 

 

Visita a Barcelona Building Construmat

Os días 23, 24 e 25 de maio, alumnado do Ciclo Superior de Proyectos de Edificación acompañados polas profesoras do ciclo Mª Digna Faraldo e Carmen Prieto, viaxaron a Barcelona para visitar a Feria da construcción Building Construmat.

Neses tres días percorreron tamén lugares emblemáticos de Barcelona com a Catedral da Sagrada familia, o Parque Güell, e as casas Batlló e Milá . Así mesmo alumnado e profesoras visitaron en distintos grupos o Museo do deseño, a Fundación Miró, o castelo de Montjuic, o Porto Olímpico e o Palau Güell. O grupo tamén fixo unha visita polos barrios en transformación de San Antoni e Poble Sec e un pequeno percorrido polo mercado da Boquería.