Concurso microrrelatos 2018.

Xa podes comezar a escribir o teu relato curto en lingua galega para participar no concurso anual do Ucha!
Le a frase que é preciso incluír (que o demo me leve) e imaxina unha pequena historia na que a poidas incluír.
Lembra que tes un máximo de 150 palabras e que as do enunciado contan (as do título, non).
Consulta as bases e envía o teu texto antes das 23.59 h do venres, 6 de abril, á seguinte dirección de correo electrónico: edlg@cifprodolfoucha.es

Os premios son moi interesantes e sempre vale a pena ler todos os relatos que se presentan.
Esperamos o teu!!

Consultar as bases.

 

 

 

Acto de celebración do Día das Letras Galegas

O Equipo de dinamización lingüística convida a tódolos membros da comunidade educativa a asistir ao espectáculo “Os contos que non me contaron” protagonizado pola actriz Paula Carballeira co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor lucense Manuel María.

A actuación celebrarase o vindeiro martes 24 de maio, no salón de actos do centro, ás 13:30h.

Concurso de microrrelatos 2016

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP Rodolfo Ucha (EDLG) convoca, un ano mais, un concurso de microrrelatos para fomentar a expresión e creación en lingua galega do alumnado do centro.

Trátase de elaborar un texto cunha extensión máxima de 150 palabras que deberá integrar en calquera posición o enunciado seguinte: e ninguén sae.

Cada relato levará un título para identificalo, asinado cun pseudónico e enviado como arquivo adxunto ao enderezo electrónico edlg@cifprodolfoucha.es, indicando o nome e apelidos do participante, o curso e o ciclo no que está matriculado, e o nome do seu titor/a.

O prazo límite de presentación de relatos é as 23.59 h do día 23 de abril, día mundial do libro. A entrega dos premios, terá lugar o 24 de maio de 2016, no acto de celebración das letras galegas.

 

Premios

No caso de presentarse ata vinte textos:

  • Un único premio: unha tarxeta regalo por valor de 150 €

No caso de presentarse máis de vinte textos:

  • Un primeiro premio: unha tarxeta regalo por valor de 150€
  • Un segundo premio: un Smartwatch

Podedes consultar as bases do concurso aquí.