Alumnas premiadas no certame “Comercio con talento 2018”

Dúas alumnas do noso Centro resultaron premiadas no concurso “Comercio con talento 2018” convocado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo e que ten como obxectivo impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de Formación Profesional de Galicia. Trátase de María Eugenia Nieto Martínez e de María Victoria Vivero Alonso, alumnas do CM Actividades comerciais.

Uxía elixiu o establecemento de venda de artesanía Sevvenmusas de Ferrol, situado na rúa Magdalena, 126, mentres que Vicky escolleu El armario de Carol tamén de Ferrol (rúa Real, 43) dedicada á venda de roupa e complementos.

Hai que destacar que este concurso outorga 10 premios en total en toda Galicia dos cales 2 foron para Uxía e Vicky. Dende aquí felicitámolas polo seu bo traballo e polo premio acadado por cada unha delas.

Na mañá de hoxe, 16 de xullo, a Directora Xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, fixo a entrega de diplomas (para os establecementos) e premios (para as alumnas) nos propios locais premiados.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Os alumnos de edificación con alta inserción laboral.

O xornal  “La Voz de Galicia” publica unha nova sobre a alta demanda de profesionais que está tendo o noso ciclo de “edificación e obra civil”.

Os contidos do ciclo permiten que os alumnos aprendan todo o necesario para traballar nunha oficina técnica de inxeniería, deseño naval e cualquera  área relacionada coa creación de estruturas ou produtos.

Enlace á publicación

 

 

 

 

 

 

Concurso microrrelatos 2018.

Xa podes comezar a escribir o teu relato curto en lingua galega para participar no concurso anual do Ucha!
Le a frase que é preciso incluír (que o demo me leve) e imaxina unha pequena historia na que a poidas incluír.
Lembra que tes un máximo de 150 palabras e que as do enunciado contan (as do título, non).
Consulta as bases e envía o teu texto antes das 23.59 h do venres, 6 de abril, á seguinte dirección de correo electrónico: edlg@cifprodolfoucha.es

Os premios son moi interesantes e sempre vale a pena ler todos os relatos que se presentan.
Esperamos o teu!!

Consultar as bases.

 

 

 

Turismo Mariñeiro

O ciclo de Guía, Información e Asistencia Turisticas realizou o pasado 7 de novembro unha actividade de “Turismo Mariñeiro”.

Visitaron no Museo do Mar en San Cibrao e unha Carpintería de Ribeira.

É unha actividade relacionada co proxecto turístico “Mares de experiencia”  impulsada por los GALP Mariña Ortegal e Golfo Artabro Norte.

Alumnos de Turismo percorren a Ruta das Algas (Ortigueira)

Os alumnos do ciclo Guía Información e Asistencia Turistica acompañados pola profesora Elena Aneiros fixo unha saída o pasado mércores 16 de novembro.
O Itinerario foi:
  • Ruta das Algas, nos acantilados de Loiba (Ortigueira)
  • Visita a Conserveira de Algas “Mar de Ardora” (Ortigueira)
  • Recorrido pola Serra da Capelada, a Garita da Herbeira e San Andrés de Teixido.

Aquí temos unhas fotos.

Visita a EXPONAV

Coñecendo os nosos museos.

O día 17 de outubro os alumnos/as do ciclo superior de “Guía, Información e Asistencia Turística” visitaron EXPONAV: Museo de la Construcción Naval, sito en Ferrol.

A Persoa que fixo de guía no museo, foi Arantxa Muiños, unha antiga alumna do noso centro que fixo o mesmo ciclo formativo.

Visita a Barcelona Building Construmat

Os días 23, 24 e 25 de maio, alumnado do Ciclo Superior de Proyectos de Edificación acompañados polas profesoras do ciclo Mª Digna Faraldo e Carmen Prieto, viaxaron a Barcelona para visitar a Feria da construcción Building Construmat.

Neses tres días percorreron tamén lugares emblemáticos de Barcelona com a Catedral da Sagrada familia, o Parque Güell, e as casas Batlló e Milá . Así mesmo alumnado e profesoras visitaron en distintos grupos o Museo do deseño, a Fundación Miró, o castelo de Montjuic, o Porto Olímpico e o Palau Güell. O grupo tamén fixo unha visita polos barrios en transformación de San Antoni e Poble Sec e un pequeno percorrido polo mercado da Boquería.