Desde o próximo luns día 9, e ata o mércores 18 de decembro, terá lugar unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, liderada polo alumnado de 1º e 2º CM de Comercialización de Produtos Alimentarios e de 2º CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, en réxime de formación dual intensiva. Pretende ser máis que unha campaña de axuda. Queremos que sexa un recordatorio de que xuntos podemos marcar a diferenza.

Moitas persoas da nosa comunidade loitan a diario por algo tan esencial como un prato de comida. Por iso, queremos facer un chamamento a toda a comunidade educativa do noso centro. 

O alumnado que entregue no departamento de Comercio e Marketing, polo menos, dous alimentos non perecedoiros, recibirá unha rifa para participar nun sorteo con tres premios:

  • 2 tarxetas agasallo valoradas en 20 euros.
  • 1 tarxeta agasallo valorada en 10 euros.

Esta recollida non é só un acto de axuda, é unha oportunidade para demostrar que a empatía e a cooperación son a base dunha sociedade mellor, esa na que traballamos diariamente dende o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

Os alimentos doados serán entregados ao Banco de Alimentos Rías Altas en Ferrol, quen se encargará de darlle o mellor destino. 

Agradecemos a vosa colaboración nesta causa porque, coa vosa axuda, podemos levar esperanza e alivio a quen máis o precisa.

E lembra… Non sexas Grinch, doa alimentos!