Acreditación de competencias – Convocatoria 2019

Logo FP competencias 2019

Publicada a orde pola que se convoca, para o ano 2019, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

No noso Centro acredítanse unidades de competencia dos seguintes ciclos:

  • Grao Medio de Xestión Administrativa.
  • Grao Superior de Administración e Finanzas.
  • Grao Medio de Actividades Comerciais.

No Anexo I da convocatoria poden consultarse as unidades de competencia  que se poden acreditar, organizadas por ciclo formativo.

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. 

Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019 e o prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.

SÓ SERÁN ACEPTADAS AS SOLICITUDES QUE SEXAN ENTREGADAS POR SEDE ELECTRÓNICA.

A información completa pode consultarse seguindo este enlace.

Galicia Skills 2018

Portada das Galicia Skills 2018

Galicia Skills - Carlos Bello Pita

Os pasados días 28 e 29 de novembro, celebráronse en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, as GaliciaSkills 2018.Este é un campionato eminentemente práctico que consiste no desenvolvemento de 26 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante mide as súas destrezas e demostra as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Visita do alumnado de 1SMR ó MUNCYT da Coruña

Foto do alumnado de SMR1 no MUNCYT

Foto do alumnado de SMR1 no MUNCYT

O alumnado de primeiro de SMR (Sistemas microinformáticos e redes) visitou o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) da Coruña o pasado martes, 22 de novembro, e participou nas seguintes actividades:

  • Week Labs: Taller: “¿Para qué sirve un superordenador? Los superordenadores, de cerca”
  • mWeek Labs: “Herramienta de realidad virtual sobre la historia de las telecomunicaciones”

Adrián Orjales bate o seu propio récord de España de tiro con arco para invidentes

Foto Adrián Orjales recibindo medalla

Adrián Orjales, alumno do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, vén de batir o seu propio récord de tiro con arco para invidentes nunha tirada realizada no concello lucense do Valadouro.

Este deportista tamén ten grandes posibilidades de acudir ó Mundial de tiro con arco para invidentes, que está previsto para o próximo mes de xuño.

Parabéns para Adrián e moito ánimo de cara a seguir superándose!

Máis información no seguinte enlace.

[Fonte: La Voz de Galicia]

Data e horas de presentación do curso académico 2018-19

O 17 de setembro de 2018 darán comezo as actividades lectivas do curso académico 2018-19. Por tal motivo, farase un acto de presentación para o alumnado co seguinte horario:

ALUMNADO DE CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

Luns, 17 de setembro, no Salón de actos:

RÉXIME ORDINARIO:

Alumnado de 1º curso: 10:30 horas

Alumnado de 2º curso: 12:00 horas

RÉXIME MODULAR:

Todo o alumnado: 18:00 horas


ALUMNADO DE FP BÁSICA

Venres, 21 de setembro, co seguinte horario:

Alumnado de 1º FP Básica: 12:30 horas (Aula 130)

Alumnado de 2º FP Básica: 11:30 horas (Aula 008)

Admisión a ciclos formativos – Prazo setembro 2018

O luns 3 de setembro comeza o prazo extraordinario de admisión aos ciclos formativos de Formación Profesional.

Na imaxe seguinte aparecen as datas do proceso:

Calendario admision_setembro 2018

No enlace seguinte pódese consultar toda a información completa do proceso de admisión e matrícula:

Información proceso de admisión

 

Resumo do proceso para Réxime Ordinario

  •  Primeiro curso (É importante ter en conta que primeiro faise a solicitude de admisión e unha vez se publique a adxudicación realizarase a matrícula no ciclo adxudicado)
    • O 4 de setembro farase a 1ª adxudicación extraordinaria sobre as listaxes de espera do período ordinario de xuño-xullo.
    • Para as novas solicitudes do mes de setembro, o proceso sería como segue:
      • Cumprimentar na aplicación web a Solicitude de admision (do 3 de setembro ao 11 de setembro ás 13:00 horas).
      • Unha vez cumprimentada a solicitude, imprimila e comprobar na última páxina da mesma se dita solicitude xa quedou validada ou ben é necesario validala no Centro xunto coa documentación que indicará nese mesmo texto.
      • Comprobar as diferentes listaxes que se irán publicando:
        • 13 de setembro: listaxe provisional de solicitudes
        • 19 de setembro: listaxe defintiva de solicitudes
        • 19 de setembro: segunda adxudicación
      • Matrícula 2º adxudicación: prazo do 19 ao 21 de setembro ás 13:00 horas.
      • A matrícula pode realizarse de 2 maneiras:
        • De xeito clásico:
        • Matricularse directamente dende a aplicación informática (esta posibilidade soamente é valida para o réxime ordinario, non sendo posible facer así a matrícula para o réxime modular)

Esquema simplificado Réxime Modular

  • As mesmas instrucións que para o 1º curso de réxime ordinario pero coa seguinte excepción importante:
    • A solicitude de admisión faise igualmente na aplicación web pero non se pode realizar a matrícula de xeito online senón que ten que facerse de xeito presencial.

Alumnado só con FCT/Proxecto (A FCT será de outubro a decembro)

  • Cumprimentar o documento de matrícula en pdf. (do 17 ao 24 xullo ou do 4 setembro ao 7 de setembro):
  • Imprimir, asinar e entregar dito documento na oficina
  • Para persoas menores de 28 anos, aboar 1’12€ do seguro escolar
  • Entregar tamén unha fotocopia do DNI

 

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Dende as 9:00 horas do día 30 de xullo ata as 13:00 horas do día 31 de xullo de 2018 ábrese o prazo de matrícula en ciclos formativos e módulos profesionais que teñen prazas vacantes.

A única condición para realizar a matrícula é cumprir os requisitos de acceso.

Na seguinte ligazón pódense consultar os ciclos formativos en calqueira réxime que teñen prazas vacantes, así como descargar o impreso de matrícula correspondente:

http://www.edu.xunta.es/fp/ciclos-liberados-convocatoria-2018-19

Alumnas premiadas no certame “Comercio con talento 2018”

Dúas alumnas do noso Centro resultaron premiadas no concurso “Comercio con talento 2018” convocado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo e que ten como obxectivo impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de Formación Profesional de Galicia. Trátase de María Eugenia Nieto Martínez e de María Victoria Vivero Alonso, alumnas do CM Actividades comerciais.

Uxía elixiu o establecemento de venda de artesanía Sevvenmusas de Ferrol, situado na rúa Magdalena, 126, mentres que Vicky escolleu El armario de Carol tamén de Ferrol (rúa Real, 43) dedicada á venda de roupa e complementos.

Hai que destacar que este concurso outorga 10 premios en total en toda Galicia dos cales 2 foron para Uxía e Vicky. Dende aquí felicitámolas polo seu bo traballo e polo premio acadado por cada unha delas.

Na mañá de hoxe, 16 de xullo, a Directora Xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, fixo a entrega de diplomas (para os establecementos) e premios (para as alumnas) nos propios locais premiados.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.