Entrega de premios do Concurso idea

Entrega premios Idea EduEmprende

20181211EntregaPremiosIdeaEduEmprende No dia de onte a responsable de emprendemento e profesora da familia profesional de hostalaría e turismo Elena Anca acudiu acompañada dun membro do equipo directivo á entrega de premios do Concurso idea 2018 que todos os anos se convoca ao abeiro do plan eduemprende. O acto tivo lugar no auditorio 1 do edificio Cinc da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Premiáronse seis interesantísimos traballos de emprendemento, dun total de vinte e cinco presentados desde toda Galicia. Desafortunadamente ningún deles foi enviado polo o noso centro, pero agardemos que na vindeira convocatoria poidamos presentar alomenos un proxecto. E como dispoñemos do noso viveiro de empresas, por que non soñar con que se chegue a materializar?

Certame Literario

20181030LogoBiblioMiniatura

Dende o Concello de Ferrol enviaron ao noso centro un correo electrónico para comunicarnos a convocatoria da quinta edición do certame literario Carmela Loureiro. Á espera da convocatoria do noso tradicional certame de microrrelatos,  achegámosvos as bases deste e animámosvos a participar nel.

BasesCertameLiterarioCarmelaLoureiroV


BibliotecaMunicipal

Tamén aproveitamos a ocasión para inserir o enlace ás novidades adquiridas pola biblioteca municipal de Ferrol nos últimos dous meses e que amablemente nos remitiron:

Novidades Biblioteca Municipal de Ferrol

Novidades de cinema

20181030LogoBiblioMiniaturaSe na anterior publicación falabamos de libros, nesta queremos suxerirvos o visionado dalgunhas películas de reciente ingreso na nosa colección:

Cinema:

PeliBladeRunnerMontaxeFinalPeliLaIslaMínimaPelisTodas

  • Truman  de Cesç Gay
  • El club de Pablo Larraín
  • Un día perfecto de Fernando León de Aranoa
  • El  puente de los espías de Steven Spielberg
  • El francotirador de Clint Easwood
  • Blade Runner de Ridley Scott
  • La isla mínima de Alberto Rodríguez

 

Ademais temos un título novo cada mes grazas á revista Speak Up, que nos permite o seu visionado co audio orixinal ou en castelán. Estes son algúns dos máis recentes:

PeliBladeRunner2045PeliZLaCiudadPerdida

PelisSpeakUp

  • Blade Runner 2049 de Ridley Scott
  • La reina Victoria y Abdul de Stephen Frears
  • El instante mas oscuro de Joe Wright
  • Z. La ciudad perdida de James Gray
  • El hilo invisible de Paul Thomas Anderson
  • El cículo de James Ponsoldt
  • Negación de Mick Jackson

E, por suposto, consulta a existencia de calquera outra película no seguinte enlace:

Catálogo Biblioteca do Ucha

Novidades bibliográficas

20181030LogoBiblioMiniaturaSe es dos que pensas que non vas atopar nada reciente para o teu lecer nos fondos da nosa biblioteca, aquí van 10 dos títulos adquiridos dende o curso pasado. Noutra entrada falaremos de cinema pero agora centrarémonos nos libros:

Literatura:
20181106NovidadesLibros

  • 1984 de Georges Orwell
  • Patria de fernando Aramburu
  • Sen novas de Gurb de Eduardo Mendoza
  • La voz dormida de Dulce Chacón
  • A morte en Venecia de Thomas Mann
  • The pillarsof the earth de Ken Follet

A biblioteca do Ucha

Ola, nesta primeira publicación miña gustaríame presentarvos o logotipo que pretendemos que identifique a todas as publicacións que teñan que ver coa nosa biblioteca.

Quizais moita xente non o saiba pero a imaxe foi a gañadora do concurso que se realizou durante o curso 2010/2011 e do que resultou gañador Brais Freire Díaz-Caneja, naquel entón alumno de primeiro de Administración e Finanzas.

Oxala que guste e se faga moi popular entre todos nós.