OBRADOIRO DE PROCURA DE SUBVENCIÓNS PARA EMPRENDEDORES
Onte luns ás 10.40h e mais ás 18.15h tiveron lugar os obradoiros de procura de subvencións para emprendedores, cunha duración aproximada dunha hora en cada quenda. A relatora Verónica Rodríguez Ruzzo, de Promove Consultoría, explicou cales son as canles para buscar subvencións en vigor, como se tramitan e os diferentes tipos que existen. Ademais amosou varios modelos de memorias para os casos nos que a subvención sexa en concorrencia competitiva e fixo fincapé na importancia de traballar esta parte.
A este obradoiro asistiron os alumnos da familia profesional de Administración e Xestión, en concreto os segundos cursos tanto do CS de Asistencia á Dirección coma do CS de Administración e Finanzas.