COMO PREPARAR PRESENTACIÓNS DE ÉXITO SOBRE A TÚA IDEA DE NEGOCIO
O pasado xoves 2 de novembro ás 10:40h celebrouse no salón de actos do noso centro unha moi interesante aula de emprendemento que tiña por obxectivo fortalecer as competencias e habilidades en comunicación do alumnado de 2º curso de varios ciclos, en concreto do ciclo medio de Actividades Comerciais e dos ciclos superiores de Administración de Sistemas Informáticos en Rede e mais o ciclo de Guía, Información e Asistencia Turísticas, así coma alumnado no viveiro de empresas.
O contido do acto incluía técnicas de oratoria e relaxación para controlar delatores de nervios, pautas para estruturar o discurso, modos de captar a atención, etc. co obxectivo de saber vender unha idea de negocio, montar unha campaña de publicidade e, en definitiva, saber como chegar a outro dun xeito moito máis eficaz.
A charla foi impartida por Alejandra Sánchez Barge, de Bevel Comunicación.
Podes consultar nesta ligazón a ficha da actividade e velaí algunha fotos do acto: