O alumnado do primeiro curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación iniciouse na metodoloxía BIM (Building Information Modeling) a través do manexo do programa Autodesk Revit.
Este software permite automatizar a documentación gráfica dun proxecto baseándose no deseño 3D con obxectos paramétricos.
Pero a potencia da tecnoloxía BIM vai moito máis alá dada a súa interconexión con aplicacións de cálculo estrutural, enerxético, de instalacións ou de orzamentos, sendo Revit un dos programas máis demandados na actualidade.
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/04/Evolucion-3d-583x1024.jpg)
Nas imaxes adxuntas pode verse o resultado do modelado dunha vivenda unifamiliar por parte dos nosos alumnos dentro do módulo “Deseño de Proxectos de Edificación”.
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/04/Blanco-y-negro.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/04/Alzado-1024x478.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/04/Planta-1024x627.jpg)