Alumnado Erasmus + do centro educativo Lycée Balata, da Güiana Francesa, en colaboración co profesorado do CS Proxectos de edificación do noso centro, iniciou esta semana o seu período de formación en empresas de Ferrol. Acompañan aos estudantes durante a súa estancia na nosa cidade os seus profesores Priscella de Graven e Ouriel Piejos.
Os estudos de arquitectura e entidades que colaboran nesta formación son Nemesio arquitectura , EM2 Obradoiro de arquitectos, Giovanna Sánchez Arquitectura e o Concello de Ferrol.
A continuación mostramos algunhas imaxes da presentación do alumnado nas empresas nas que están a facer a súa formación práctica