Alicia Cañizares, responsable da sede na Coruña da empresa Globalgeosystems impartiu ao alumnado do CSPE o día 7 de novembro unha charla sobre a súa traxectoria académica, profesional e de emprendemento.
Alicia, enxeñeira en xeomática e topografía, é tamén antiga alumna dos nosos ciclos de edificación e obra civil.
O noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer o funcionamento de dúas tecnoloxías de dixitalización 3D: o escáner láser e o Matterport.
Fíxose unha dixitalitalización da aula obtendo unha imaxe virtual de todo este espazo. Podes acceder ao circuíto virtual nesta ligazón: https://my.matterport.com/show/?m=wNLZU5hCEim
O encontro inscríbese no ciclo de encontros de emprendemento organizado no noso centro.
Galería de imaxes:




