Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2023-2024:
- Listaxe provisional de solicitudes de formación profesional dual para o CM Comercialización de produtos alimentarios
- Listaxe provisional de solicitudes de formación profesional dual para o CS de Administración e finanzas, CS Transporte e loxística e mais CS Xestión de vendas e espazos comerciais
Prazo de reclamación: o prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o xoves 6 de xullo até as 13:00 horas do luns 10 de xullo de 2023. A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático (instrucións para realizar reclamacións).
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou na seguinte ligazón (é necesario introducir DNI e código da solicitude)
Máis información e acceso ás listaxes provisionais de toda Galicia no enlace seguinte: https://www.edu.xunta.gal/fp/fpdual-convocatoria-2023-listaxes-provisionais-solicitudes