Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas (modalidades presencial e a distancia).
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou na premendo aquí (é necesario introducir DNI e código da solicitude).
PRAZO DE MATRÍCULA/RENUNCIA
- Ciclos formativos no réxime ordinario: o prazo de matrícula ou renuncia para o alumnado adxudicado en cada ciclo formativo abrangue desde o xoves 27 de xullo ata as 13:00 horas do luns 31 de xullo de 2023
- Ciclos formativos no réxime para as persoas adultas: o prazo de matrícula para o alumnado adxudicado en cada ciclo formativo abrangue desde o xoves 27 de xullo ata as 13:00 horas do luns 31 de xullo de 2023. No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.
A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web e nese caso pódense consultar as instrucións para este procedemento premendo aquí (as instrucións aparecen na parte final da páxina web que se amosa ao premer).
Réxime ordinario
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior
Réxime para as persoas adultas – Distancia
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior
Listaxes de toda Galicia nos enlaces seguintes: