CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS (DUAL INTENSIVA)

FAMILIA PROFESIONAL

Administración e xestión

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Administración e finanzas

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,
contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.

Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Administrativo/a de oficina.
  • Administrativo/a comercial.
  • Administrativo/a financeiro/a.
  • Administrativo/a contable.
  • Administrativo/a de loxística.
  • Administrativo/a de banca e de seguros.
  • Administrativo/a de recursos humanos.
  • Administrativo/a da Administración pública.
  • Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
  • Técnico/a en xestión de cobramentos.
  • Responsable de atención á clientela.

      Plan de estudos


      Módulos profesionais a impartir no segundo ano de convenio: 2024-2025

       Módulos
       Contabilidade fiscalidade
       Simulación empresarial
       Xestión de recursos humanos
       Xestión financeira
       Xestión loxística e comercial
      Lingua estranxeira profesional II 

      Idioma

      As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües