CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
FAMILIA PROFESIONAL
Administración e xestión
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Administración e finanzas
SAÍDAS PROFESIONAIS
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,
contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.
Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Administrativo/a de oficina.
- Administrativo/a comercial.
- Administrativo/a financeiro/a.
- Administrativo/a contable.
- Administrativo/a de loxística.
- Administrativo/a de banca e de seguros.
- Administrativo/a de recursos humanos.
- Administrativo/a da Administración pública.
- Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
- Técnico/a en xestión de cobramentos.
- Responsable de atención á clientela.
Plan de estudos
Primeiro curso
Módulos |
Comunicación e atención á clientela |
Ofimática e proceso da información |
Proceso integral da actividade comercial |
Recursos humanos e responsabilidade social corporativa |
Xestión da documentación xurídica e empresarial |
Inglés |
Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo |
Itinerario persoal para a empregabilidade I |
Segundo curso
Módulos |
Contabilidade fiscalidade |
Simulación empresarial |
Xestión de recursos humanos |
Xestión financeira |
Xestión loxística e comercial |
Proxecto de administración e finanzas |
Formación en centros de traballo |
Idioma
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües