O pasado venres 24 de novembro, co gallo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero ao que se dedica todos os 25N, o noso centro realizou unha andaina reivindicativa, cunha pancarta a prol da loita contra a violencia exercida cara ás mulleres. Xa de regreso interpretouse unha canción conmemorativa e mais leuse un manifesto redactado por alumnado do centro, en concreto do 1º curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Tamén se aproveitou para proclamar os premiados no Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero convocado para a ocasión e no que participaron case 50 persoas, demostrando unha gran creatividade e sensibilidade con esta lamentable realidade contra a que nos manifestamos cada 25 de novembro. Parabéns a todas. Porén debemos salientar ás vencedoras, todas elas de 2º do CS de Márketing e Publicidade:
- Marta Cuadrado
- Lucía Boado
- Daura Tagliafico
As súas obras podédelas ver máis abaixo na galería de fotografías.
Coma colofón plantouse a xa tradicional árbore conmemorativa.
Estes actos, agás a andaina, repetíronse na quenda da tarde.
MANIFESTO LIDO
Velaí tedes unha escolma das fotografías que sacamos durante a xornada:
PROXECCIÓN NA PANTALLA DO VESTÍBULO DOS CARTEIS DO CONCURSO
CARTEIS GAÑADORES
ANDAINA
CANCIÓN CONMEMORATIVA E LECTURA DO MANIFESTO
PLANTACIÓN CONMEMORATIVA
NA QUENDA DE TARDE TAMÉN SE REIVINDICOU