O vindeiro venres 24 de novembro, co gallo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero ao que se dedica todos os anos o 25 de novembro, o noso centro ten programados unha serie de actos tanto na quenda de mañá coma de tarde, segundo podemos consultar no seguinte cartel:
Ademais, só pola mañá, vaise realizar unha andaina a prol da loita contra esta violencia, dunha media hora de duración, con saída e chegada ao centro facendo un percorrido que podedes consultar no plano que aparece deseguido:
Agardamos que a comunidade educativa se anime a camiñar para loitar contra esta lacra e dende a organización prégase que os que acudan, fágano, se pode ser, ataviados con camisolas negras ou moradas.