En días pasados deste mes de outubro, o Departamento de Actividades Físicas e Deportivas organizou dúas interesantes actividades en colaboración coa Asociación Sociocultural ASCM e con ASPANAES.
No primeiro caso , a finalidade era facer ver ao alumnado do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, as dificultades que na vida cotián se lles presentan ás persoas que teñen que facer uso dunha cadeira de rodas para a súa mobilidade diaria.
No segundo caso, realizouse unha andaina percorrendo un treito do camiño inglés a Santiago de Compostela dende Fene até o areal da Magdalena en Cabanas, na compaña de persoas pertencentes ao colectivo ASPANAES xunto co alumnado do ciclo e mais profesorado do centro.
Velaí sendas galerías de fotos de ámbalas actividades:
Fotografías da actividade en colaboración coa ASCM








Fotografías da actividade en colaboración con ASPANAES



