• Organización da actividade-concurso de centro Quen é quen? Mulleres que inspiran, na que o alumnado tivo que identificar “mulleres que inspiran” das familias profesionais que se cursan no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Na entrada do centro expúxose un mural con fotos e descricións de trinta mulleres, cinco por cada familia profesional. O ciclo ganador foi o 1º curso de Xestión de vendas e espazos comerciais. Parabéns!


  • Divulgación e análise de resultados dunha enquisa de igualdade elaborada polo alumnado de 2º do ciclo superior de Marketing e Publicidade e que servirá para adaptar as futuras actividades do centro neste ámbito á realidade do alumnado.

Moitas grazas a todos e a todas pola vosa participación nas actividades!