Grazas ao Plan Proxecta+ “Por 365 días de respecto e igualdade” levado a cabo por docentes do centro, o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro puido desfrutar dunha gran variedade de actividades. Deixámosvos un resumo:
- Día 11 de xaneiro: Charla Violencia de xénero e o sexismo na publicidade, nos medios audiovisuais e nas redes sociais impartida ao alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Marketing e publicidade.
- Día 17 de xaneiro: Obradoiro sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital” impartido ao alumnado de 1º e 2º do ciclo Superior de Deseño de Aplicacións Web.
- Dia 1 de febreiro: Charla sobre violencia machista nas relacións de parella na mocidade para o alumnado de 1º do ciclo medio de Xestión Administrativa e Actividades Comerciais.
- Día 6 de febreiro: Obra teatral “Mozas nas redes” da que desfrutou todo o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.
- Día 18 de marzo: Charla ofrecida pola Asociación de familias de menores Trans para concienciar sobre a diversidade afectivo-sexual e contra a LGTBIfobia. Acuden á charla todos os alumnos/as de 1º cursos e FP Básica.
- Do día 20 de marzo ao 9 de abril: Exposición “Dille Non a violencia de xénero” no hall do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.
- Actividades con motivo do 8 de marzo “Día Internacional da Muller”:
Debido á celebración do 8M, o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro participo na montaxe dun mural na entrada do centro sobre os estereotipo masculinos, femininos e a importancia da igualdade.
Ademáis, expuxéronse os carteis elaborados polos alumnos e alumnas do centro para o concurso da Secretaría de Igualdade da Xunta co gallo do 8M.
Así de bonito lucíu o centro por mor da celebración do Día Internacional da Muller, grazas a todo o alumnado que participou!