Hoxe pola mañá no pavillón polideportivo Javier Gómez Noya de Caranza, tivo lugar unha actividade organizada polo CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva na que se xogaron unha serie de partidos de diferentes deportes entre o noso alumnado e membros do Centro Ocupacional ASPANAEPS.
Para rematar, fixéronse unha serie de coreografías de baile moi vistosas e preparamos unha pequena “merenda de mañá” para os participantes.
Intercambiáronse ademais uns obsequios: pola nosa parte entregámoslles cadansúa máscara do centro contra a violencia de xénero e pola súa fomos agasallados cun fermoso caderno realizado por eles con tapas de cartón. Á nosa profesora Dulce Díaz entregáronlle ademais unha planta.
Velaí tedes algunhas fotos de todo isto: