O alumnado de segundo dos ciclos de Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección e máis Xestión Administrativa do réxime ordinario asistiron onte a unha sesión de escapismo no centro de ocio Eskapark acompañados das profesoras Pilar Painceira, Ana Belén Pego e Chus Fraga.
Resultou unha xornada estupenda e moi entretida, onde solucionaron enigmas e crebacabezas de todo tipo, para conseguir poder escapar.
Velaí un par de fotografías dos grupos.