Publicada a orde pola que se convoca, para o ano 2019, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
No noso Centro acredítanse unidades de competencia dos seguintes ciclos:
- Grao Medio de Xestión Administrativa.
- Grao Superior de Administración e Finanzas.
- Grao Medio de Actividades Comerciais.
No Anexo I da convocatoria poden consultarse as unidades de competencia que se poden acreditar, organizadas por ciclo formativo.
A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado.
Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019 e o prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.
SÓ SERÁN ACEPTADAS AS SOLICITUDES QUE SEXAN ENTREGADAS POR SEDE ELECTRÓNICA.
A información completa pode consultarse seguindo este enlace.