Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020.

Prazo para realizar reclamacións: do 27 de maio ao 2 de xuño de 2020, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar a reclamación:Débese xerar unha solicitude de reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e reclamacións>>. Posterioremente, a través da plataforma https://sede.xunta.gal, deberase presentar xunto coa solicitude, a correspondente documentación que apoie a reclamación, utilizando o trámite “Alegacións” asociado á solicitude de inscrición no proceso. Para o caso de envío por correo á sede onde se xestiona a súa solicitude, este deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla do formulario para reflectir a data de entrada.

Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

Listaxe provisional de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria


Máis información premendo aquí