Proceso acreditación de competencias profesionais
(ORDE do 4 de decembro de 2018, publicada no DOG do 14 de decembro de 2018)
Convocante: Persoas asesoras
Data: Xoves, 11 de abril de 2019
Hora de comezo: 16:30 horas
Hora de fin: 18:30 horas
Lugar: Salón de Actos do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Avenida Castelao, 64 – Ferrol)
ORDE DO DÍA:
- Información sobre o proceso de acreditación de competencias
- Fases do proceso
- Datas de reunión individual de asesoramento
OBSERVACIÓNS:
- Tal e como está indicado na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas), a persoa candidata deberá aboar unha única taxa de 20,73 € .
- O xustificante de pagamento deberá ser entregado nesta reunión grupal. A falta de presentación suporá a exclusión da persoa aspirante.
- No caso de persoas exentas de pagamento de taxas, seguirase o establecido no punto 10.3 da citada Orde.
- A persoa candidata deberá realizar a confirmación da recepción desta convocatoria na aplicación informática.