![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/03/PHOTO-2022-03-09-20-42-01-1024x576.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/03/PHOTO-2022-03-09-20-43-36-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/03/PHOTO-2022-03-09-20-42-09-2-1024x576.jpg)
O pasado mércores 9 de marzo estivo connosco Óscar Fernández, policía nacional do Departamento Xudicial do Territorio Norte, que conta con máis de 20 anos de experiencia en tarefas encamiñadas a perseguir o ciberdelito.
Dende a súa ampla experiencia falounos da importancia de denunciar calquera estafa, porque así a policía especializada neste tipo de delincuencia ten moita máis información para desenvolver o seu labor con éxito.
Tamén comentou o uso da aplicación AlertCops, como ferramenta moi útil para transmitir alertas de seguridade cidadá ou notificar actos delituosos, de xeito rápido, preciso e de balde.
Á charla asistiron todos os ciclos de informática e administrativo con docencia na quenda de tarde, a pesar de que estaba orientada ao alumnado do curso de Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información. E resultou un éxito xa que houbo un alto nivel de intervencións por parte dos asistentes con moitas preguntas interesantes e con inquietude por saber como hai que facer para poder traballar nese departamento policial.
![La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Ministerio_Union-Europea-1024x194.png](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2021/06/Ministerio_Union-Europea-1024x194.png)