O CS de Guía, Información e Asistencia Turísticas organizou na tarde de onte 24 de marzo, coma unha actividade de aula máis, un acto de graduación do alumnado de 2º curso que en canto supere o período de FCT e mais o Proxecto, vai titular este ano.
Foi en realidade unha simulación que serviu coma unha práctica máis de organización de eventos. O resultado foi un bonito e sinxelo acto no que, baixo o protocolo acaído e a escenografía que a ocasión requiría, fixéronse discursos de profesorado e alumnado, houbo entrega de diplomas a cada un dos titulados e coma colofón, gozaron dunha “mesa doce” que fixo as delicias dos asistentes, que acudiron baixo rigorosa invitación.
Podedes ver, deseguido, unha galería de fotos do evento.