O obradoiro de creación audiovisual enmarcado dentro do contrato programa CPinclúe no que está a participar o noso centro e ao que asisten os grupos de 2º de DAW en horario de tarde e 2º de SMIR en horario de mañá chegou ao seu fin e as alumnas e alumnos achegáronnos as súas creacións. O noso agradecemento a Tomás Conde creador de contidos en “Algarabía Animación” que nos asesorou e acompañou durante todo este proceso.
Parabéns a todas e todos polo traballo realizado e o dominio demostrado na creación audiovisual adaptándoo ao seu enfoque profesional ademais de tratar de xeito transversal a temática da inclusión e a igualdade neles. Pídese un forte aplauso virtual para todos os participantes, que poden estar moi orgullosos das dúas obras!!!
A continuación, por rigurosa orde de entrega: