Acaban de chegarnos as primeiras fotografías da interesante actividade levada a cabo polo Departamento de Hostalaría e Turismo, para coñecer os principais recursos e produtos turísticos do Principado de Asturias e de paso, observar e interiorizar as funcións e responsabilidades dos profesionais do sector e mais poñer en práctica técnicas de comunicación e dinámicas de grupos turísticos.
O alumnado dos módulos (procesos de guía, deseño de produtos turísticos, destinos turísticos e recursos turísticos) do CS de Guía, Información e Asistencia Turísticas están aproveitando a formación que a visita lles aporta ademais de gozar dunha fermosa viaxe, que nunha primeira etapa, desenvólvese polas cidades de Avilés e Oviedo, onde visitaron dende a vangarda e a modernidade do Centro Niemeyer até o incrible casco histórico da capital asturiana.
As elocuentes fotografías falan por si soas:
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/Un-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/Cinco-1-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/Dous-768x1024.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/Sete-1-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/Seis-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/Oito-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/Tres-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/Catro-1024x768.jpg)
Agardamos a que nos cheguen máis fotografías das dúas xornadas restantes para dar por finalizada esta actividade, e así podermos gozar dalgunha maneira, do que os participantes gozan in situ.