CARTEL ANUNCIADOR

Un ano máis, poñemos en marcha o xa tradicional concurso de microrrelatos en lingua galega do CIFP Rodolfo Ucha, que acada con esta a súa IX edición.

Nun máximo de 150 palabras, e en menos quizais, agardamos as vosas grandes historias que nos fagan rir, chorar, temer, abraiar, …, que nos emocionen en definitiva, e que amosen a vosa creatividade e as vosas dotes de expresión escrita en lingua galega. Vale prosa, poesía, teatro, fábula, conto, ensaio, …, calquera xénero.

Hai unha terceira condición: o microrrelato debe conter en calquera parte do mesmo a frase “… viviremos coma se todo …”

Para participar tedes que enviar as vosas propostas dándolles un título e baixo pseudónimo ao enderezo de correo electrónico galego.cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal. O prazo remata o 18 de marzo.

Animádemos a participar! Poderedes gañar até 200 euros de premio!

Consultade aquí as bases de participación.