INNOVAMOS? CREATIVIDADE PARA A DIFERENCIACIÓN

Onte xoves, ás 10:40h na quenda de mañá e ás 18:15h na quenda de tarde, celebráronse os obradoiros de innovación que baixo o título, Innovamos? Creatividade para a Diferenciación, serviron para dar a coñecer técnicas e exemplos novos para identificar oportunidades de negocio ou solucións creativas para a mellora empresarial. Ademais de dar a coñecer casos reais de innovación en Galicia, empregáronse diferentes metodoloxías e ferramentas para estimular a creatividade e a innovación dunha forma participativa.

O alumnado ao que foi dirixido son os segundos de Administración e Finanzas, de Márketing e Publicidade e de Asistencia á Dirección, tanto da mañá coma da tarde, para que de ámbalas quendas saian beneficiados desta formación complementaria.