A principios de curso a consultora Promove propuxo ao Departamento de Hostalaría e Turismo facer un concurso de campañas de promoción do produto turístico “Turismo Slow Norte de Galicia”.
Na seguinte ligazón poderás ter máis información: https:// turismoslow. gal/
Este tipo de colaboracións parécennos moi interesantes porque permiten poñer en práctica coñecementos adquiridos, profundar noutros que doutra maneira quedarían fóra, pero o máis importante, obrigan ao alumnado a comprometerse coa execución dun servizo que é real.
Ademais ao seren en equipo, traballan habilidades sociais, de liderado, toma de decisións e teñen que empregar grandes doses de creatividade para poñer en marcha as campañas de promoción.
Para o traballo de campo na zona de Mariña Lucense todos os equipos gozaron dunha fin de semana de aloxamento “slow” nunha casa rural.
Por último, para poder preparar a exposición perante o xurado, recibiron formación de oratoria e elaboraron unha presentación de 10 minutos na que tiñan que convencer a un xurado e a público que mediante votación popular ía decidir se a súa campaña era a mellor deseñada e de maior impacto.
O xurado tívoo moi difícil, pero ao final saíron dúas campañas gañadoras, que ademais de obter coma premio un bono de turismo “slow”, terán a oportunidade de ser levadas á realidade.
Cada equipo utiliza varias redes sociais e en Instagram podedes seguir as contas de todos eles:
@viveslow, @ferveronorte, @nuncadejesdeviajar, @caracolesslow, @mirandoonorte
Deseguido podedes ver algunhas fotos do acto celebrado no noso salón de actos o pasado venres 5 de novembro: