Este ano académico, tentando recuperar unha relativa normalidade agora que a situación de pandemia parece que está máis controlada, queremos volver celebrar actividades tradicionais que nos permitan acrecentar a nosa convivencia e que nos sirvan tamén para pasar un bo rato. E o tempo do magosto parécenos un inmellorable pretexto para comenzarmos.
Toda aquela persoa da comunidade educativa do Ucha que o vindeiro venres 5 de novembro queira participar e zampar algunha castaña, debe inscribirse na ligazón que vai deseguido:
https://www.eventbrite.com/e/entradas-magosto-2021-199634170177
A inscrición é precisa para ter unha relación de participantes e saber con canta xente se conta.
En todo momento evitaranse as aglomeracións e observaranse as medidas de prudencia que estes tempos que corren nos obrigan a manter.
Aínda que o magosto vaise realizar en horario de mañá, aquel alumnado da quenda de tarde que queira participar tamén pode inscribirse e asistir. Porén, hai intención de repartir castañas nesa quenda para que tamén se sentan partícipes da celebración.