Durante 4 días desenvolvéronse as competicións de Galiciaskills 2021 as cales remataron o pasado 8 de outubro. Foron 11 sedes onde 108 competidores/as de 43 centros educativos diferentes puxeron a proba as súas habilidades nas 23 especialidades de Formación Profesional convocadas nesta edición.

O alumnado gañador da medalla de ouro representará a Galicia na competición SpainSkills 2022. Na seguinte ligazón pódese consultar a relación de alumnado gañador das medallas de ouro e prata en cada especialidade, así como máis información sobre esta competición:

http://www.edu.xunta.gal/fp/album-galiciaskills-2021-resultados-das-competicions