Temos prazas dispoñibles en 2 ciclos de FP Dual nos que todavía se admiten solicitudes:

Se necesitas máis información, contacta con nós por teléfono (881930145), correo electrónico (cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal) ou de xeito presencial.

Requisitos e documentación a entregar no centro

Requisitos

  • Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Documentación

  • Solicitude de admisión, anexo I, (código de procedemento ED513A). Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
  • Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
  • No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:
    https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae