Temos prazas dispoñibles nos 2 ciclos de FP Dual ofertados no centro unha vez finalizado o período establecido de presentación de solicitudes:
- CM Comercialización de produtos alimentarios (en colaboración co CIFP Fraga do Eume)
- 11 prazas dispoñibles
- Podes ver un vídeo dunha alumna contando a súa experiencia neste ciclo formativo: vídeo
- CS Xestión de vendas e espazos comerciais
- 2 prazas dispoñibles
Se necesitas máis información, contacta con nós por teléfono, correo electrónico ou de xeito presencial.
Requisitos e documentación a entregar no centro
Requisitos
- Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
- Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Documentación
- Solicitude de admisión, anexo I, (código de procedemento ED513A). Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
- Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
- No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:
https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae