![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2021/06/LogoARA_400.png)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2018/05/logo_fp-1024x717.jpg)
Vén de ser publicada a orde pola que se regula para Galicia o Procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
A presentación de solicitudes para participar no proceso debe ser feita obrigatoriamente por vía electrónica cubrindo previamente os datos en https://www.edu.xunta.gal/acreditacion dende onde deberá xerarse o formulario normalizado que se presentará necesariamente na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Entre as novidades máis salientables está a do prazo de presentación de solicitudes, pois o procedemento mantense aberto con carácter permanente e o prazo máximo para resolver será de seis meses dende que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia.
Ademais, respecto ao noso centro, poderase solicitar a acreditación de todas as unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que atinxan a calquera especialidade de todas nosas seis familias profesionais.
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2021/06/Ministerio_Union-Europea-4-1024x194.png)
Programa cofinanciado polo Ministerio de Educación y Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial “Plan De Formación Profesional Para El Crecimiento Económico y Social y La Empleabilidad”, e pola Unión Europea-NextGenerationEU.