Esta semana ofrecémosvos novas sobre axudas económicas para a FCT, información sobre o próximo curso e subvencións para asociacións xuvenís.


Se estás no período de FCT do ciclo, debes saber que xa foron publicadas as axudas para realizar esta formación. Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

PERÍODO FCTPRAZO DE SOLICITUDE
Outubro 2020-marzo 2021
Xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2021
Ata o 21 de xuñoAcollerase a este prazo o alumnado de FP dual
Setembro-decembro de 2021,
rematando obrigatoriamente antes do 31/12/2021
Entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2021O alumnado que teña horario flexible e remate
despois do 31/12/2021 acollerase á seguinte
convocatoria de axudas.

Consulta as condicións.


Aínda non rematamos este curso, e xa temos información do curso próximo que comeza o 15 de setembro. Se queres coñecer máis sobre o proceso de admisión de FP podes consultar este enlace de xuventude.

Menos mal que temos todo o verán polo medio para recargar as pilas.


Se pertences a algunha asociación ou organización xuvenil ou a unha entidade prestadora de servizos á mocidade, o Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o seu mantemento, funcionamento e equipamento no 2021.


Gozade desta solleira fin de semana.