Esta semana ofrecémosvos novas sobre erasmus emprendedor, ABAU, e o Carné Xove.


A fundación Galicia Europa organiza uns encontros que teñen por obxectivo Informar sobre as oportunidades do programa europeo Erasmus emprendedores, a través do coñecemento de especialistas e da experiencia persoal de emprendedores galegos beneficiarios do programa noutros países da UE.


Se estás pensando en presentarte ás ABAU, podes atopar aquí máis información sobre a ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba.


Se aínda non as coñeces, a continuación, presentamos as novidades do Carné Xove:

  • Ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, incluidos, polo que non é preciso renovalo.
  • Estase a enviar o carné xove a todas as persoas potencialmente usuarias. Polo tanto, xa non é necesario nin solicitalo nin pagalo para telo.
  • Se nunca tiveches o carné ou telo caducado, cando o recibas, precisas activalo nuns puntos de activación.

Ánimo que xa queda pouco.