Esta semana ofrecémosvos novas sobre a busca de emprego, iniciativa xove, espírito maker ou ensinanzas deportivas.
Tes menos de 30 anos e buscas emprego? Non dubides en inscribirte nestas sesións informativas e accede aos beneficios da Garantía Xuvenil.
Porén, se xa tes un plan de empresa ou dun proxecto para liderar, consulta as axudas do programa de Iniciativa Xove 2021.
E, se o que che falta é inspiración para concibir novas ideas, seguramente a atopes na Maker Faire Galicia. O evento terá lugar do 2 ao 6 de xuño nunha plataforma dixital onde argalleiros e argalleiras de diferentes países presentarán os seus proxectos.
Finalmente, se che interesan as ensinanzas deportivas focalizadas nun deporte concreto (fútbol, atletismo, fútbol sala, balonmán, baloncesto ou vela), consulta a información relacionada neste enlace.