YouthSpeak Forum é un evento nacional que reúne a importantes expertos, organizacións e grandes empresas coa xuventude, para discutir sobre os problemas globais e nacionais co obxectivo de xerar novas ideas e co-crear proxectos que se poidan levar a cabo e contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas e á visión de Europa 2020.
Non perdas este evento no caso de que:
- esteas interesado nos empregos do futuro
- e tamén nunha economía sostible, na dixitalización e na promoción da inclusividade.
Achégase o Día das Letras Galegas e xa comenzan a saír a luz os primeiros eventos. Aquí vos deixamos información sobre:
- un concerto de LauraLaMontagne e PicoAmperio e,
- sobre a iniciativa #Librosparasermoslibres que inclúe dende recomendacións editoriais, ata sorteo de bono-libros.
E, seguindo o fío da difusión da cultura galega se queredes saber máis sobre persoeiros da nosa terra, probade esta base de datos, ou votade pola mellor poesía galego-lusófona organizado polo proxecto aRi[t]mar.
Con motivo do Día Internacional no Bico (13 de abril), Quérote+ publicou unha charla educativa para que aprendamos a querernos e coidarnos todo o ano.
Nós, debemos lembrar polos que non poden. Por iso, Afaga Alzheimer convoca o certame de relatos curtos sobre Alzhéimer e outras demencias “Nun recuncho da Memoria”.
E para despedirnos e comezar a fin de semana cun paseo interesante, achégate á reserva da biosfera de Os Ancares e Terras do Miño e, de paso, toma algunha fotografía bonita que poderás presentar a este concurso.